Fab, o monstro amarelo, ergueuse un día cunha terrible dor de cabeza, unha dor que non se ía con cóxegas ou cantando, nin sequera co vello remedio da avoa. Unha historia sinxela e divertida na que o protagonista é capaz de esquecer as súas preocupacións axudando os demais nas súas adversidades. Un álbum no que Carme Solé rende homenaxe ao grande autor e ilustrador recentemente falecido David McKee e a algún dos seus personaxes máis queridos.