Morgún

ISBN: 9788499143729
Col·lecció: FORA DE XOGO
Autor: De Toro, Suso
Editorial: XERAIS
Publicat: 2.012
Classe: LIBROS

Idioma: GLG
Enquadernació: RUSTICA
Pàgines: 168
Termini d'entrega: 5 Dies
https://indexbooks.es/web/image/product.template/231669/image_1920?unique=6ff04b9
(0 revisar)

12,83 € 12.83 EUR 13,50 €

13,50 €

Not Available For Sale

    Aquesta combinació no existeix.

     

    A profecía do vello druída da fortaleza de Baroña, onde o rei Brath fora asasinado polo seu fillo Corrub, habíase cumprir: "o que morreu con traizón voltará polo mar, entrará no castro tres veces e entón recuperará o reino usurpado polo seu fillo. E o rei será raíña e a espada será o seu signo". Morgún -aquel meniño aparecido na Lagoa onde moran as señoras da maxia e preto da Laxe do sol e da lúa, a pedra onde están escritos todos os destinos dos vivos- será o brillante guerreiro que libere da indignidade a aquela comunidade que asistirá ao nacemento do seu señor Breogán. Esta novela épica de Suso de Toro ten por narrador a Dous Corvos, un guerreiro que narra o acontecido a Morgún, a quen el chama Lobo Máxico, un heroe celta que foi atopado cando meniño cun ollo de cada cor e cunha manda de lobos protexéndoo. A súa é unha historia chea de sangue, de feitos grandes e portentosos, de loitas, de terríbeis desgracias e de maxia. "Morgún" é un relato épico celta enchido de maxia, profecías, vinganzas e destinos de heroes e semideuses. Unha narración que fusiona o relato de aventuras cos dramas shakesperianos e coas traxedias gregas. Unha novela de espada, maxia e bruxería chamada a converterse nun clásico popular da nosa narrativa.