(GAL) O GALO QUE PUXO UN OVO

ISBN: 9788498716900
Col·lecció: COLECCION O
Autor: GARCÍA ACEDO, INDY/ TOVA, LAURA
Editorial: OQO
Publicat: 2.023
Classe: LIBROS

Idioma: GLG
Enquadernació: TAPA DURA
Pàgines: 36
Termini d'entrega: 5 Dies
https://indexbooks.es/web/image/product.template/407936/image_1920?unique=6ff04b9
(0 revisar)

14,16 € 14.16 EUR 14,90 €

14,90 €

Not Available For Sale

    Aquesta combinació no existeix.

     

    Aquela mañá, as galiñas puxeran dez ovos;pero no galiñeiro só había nove. Despois de buscalo por todos os recunchos, descubriron que o galo agochárao entre as súas plumas. - Hai moito tempo que non hai pitiños;se vós non queredes fareino eu! - Un galo? -preguntan as galiñas, sorprendidas. -E por que non? Dareille calor ao ovo día e noite e, cando naza o pito, podo ensinarlle as cousas da granxa. Nunha sociedade moderna e desenvolvida, aberta e democrática, os roles de xénero póñense en cuestión, discútense, e ata se experimenta coa súa inversión. En moitos aspectos sociais, as fronteiras son cada vez máis anchas, mesmo difusas. Vivimos nun contexto no que se proclama e defende a normalización e o respecto polas ôdiferenzasö. A loita pola liberdade e o dereito para vivir as identidades e sexualidades de forma libre permitíronnos avanzar en modelos de familia e convivencia, máis alá do molde heteropatriarcal. Neste contexto, as funcións e responsabilidades dos proxenitores biolóxicos cara aos seus descendentes escenifícanse e repártense, ata o extremo de aparecer como algo natural aquilo que a bioloxía non parecía capaz de asumir. É un reto educar na defensa e a reivindicación de todos estes avances sociais. Desta maneira, e xogando con personaxes animais, para afianzar o aspecto emocional e dos sentimentos, trasládase ao lector en formación a posibilidade, quizá tamén a necesidade, de comprender e asumir determinados comportamentos humanos e sociais que, cada vez máis, se contemplan e aceptan como ônaturaisö.