Catro historias de emigrantes

ISBN: 9788498651966
Col·lecció: MEMORIA
Autor: Losa Rocha, Manuel
Editorial: GALAXIA
Publicat: 2.009
Classe: LIBROS

Idioma: GLG
Enquadernació: TAPA BLANDA O BOLSILLO
Pàgines: 210
Termini d'entrega: 4 Dies
https://indexbooks.es/web/image/product.template/919087/image_1920?unique=6ff04b9
(0 revisar)

21,80 € 21.8 EUR 22,95 €

22,95 €

Not Available For Sale

    Aquesta combinació no existeix.

     

    O gran coñecedor do mundo do libro que é Manuel Losa achéganos unha obra sobre a vida de catro galegos na diáspora, distintos entre si pero que teñen unha raíz común. Dous deles, Crestar e Montoya, cunha vinculación moi importante cos centros culturais da súa época. Crestar, actuando ademais en forma destacada no aspecto político. Os outros dous, Martínez e García, emigrantes cunha vida que xirou en torno ao mundo laboral. Dúas das historias contadas nestas páxinas, as de Isidoro García e Eduardo Martínez, desenvólvense a partir da década de 1950. Pola súa banda, as outras dúas, as de Antón Crestar e José Lage, son de época anterior, o primeiro vinculado co galeguismo, tivo estreita relación con Castelao, Suárez Picallo, Xesús Canabal, Manuel Meilán, Lois Tobío, Alfredo Somoza e outros destacados galeguistas e republicanos, e propiciou unha actividade intensa e de grande relevancia en tempos da Guerra Civil e a posguerra. Participando tamén, de forma sobranceira, na vida artística, parte do libro céntrase na historia do bailarín Xosé Lage, coñecido polo seu nome artístico, Pepe Montoya. A través das biografías de catro homes, o autor relata unha parte substancial desa epopea, do destino dos galegos que tiveron que procurar un país de adopción na América do Sur. Velaquí a historia de Antón Crestar Faraldo, Xosé Lage Sierra "Pepe Montoya", Eduardo Martínez Filgueira "O Cañotas" e Isidoro Manuel García García