Couto Mixto

ISBN: 9788497823258
Col·lecció: SIN COLECCION
Autor: García Mañá, Luís Manuel
Editorial: XERAIS
Publicat: 2.005
Classe: LIBROS

Idioma: GLG
Enquadernació: TAPA DURA
Pàgines: 200
Termini d'entrega: 5 Dies
https://indexbooks.es/web/image/product.template/213973/image_1920?unique=c358ebb
(0 revisar)

49,35 € 49.35 EUR 51,95 €

51,95 €

Not Available For Sale

    Aquesta combinació no existeix.

     

    Luís Manuel García Mañá, actual Xefe Superior de Policía de Galicia, ofrece neste fermoso libro, ilustrado coas fotografías de Xurxo Lobato, a radiografía exacta e documentadísima do Couto Mixto, un territorio peculiar, situado na raia seca existente entre Galicia e Portugal, que mantivo ata 1862 unha singularidade político-administrat iva, chegando a constituír un enclave independente e gozando os seus habitantes de privilexios por esta condición. Efectivamente, esta república esquecida de natureza políti-co-administrativa complexa estivo xeograficamente enclavada nas parroquias galegas de Santiago de Rubiás do concello de Calvos de Randín e de San Andrés Meuaus do concello de Baltar, mais vinculada historicamente a Portugal e España, a través de certa dependencia nobiliaria dos señoríos das Casas de Bragança e do Conde de Monterrei. No presente volume, Luís M. García Mañá, despois dunha docu-mentadísima esculca, debulla aspectos como a orixe, evolución e notas históricas deste territorio;re-flexiona sobre o carácter independente que chegou a ter o Couto Mixto;expón os privilexios dos habi-tantes do Couto (persoais, políticos, fiscais, administrativos, económicos e comerciais);rematando con referencias á extinción do Couto, tras o tratado de Lisboa de 1864, e a súa situación actual. Pola súa banda, Xurxo Lobato, ofrece unha coidadísima reportaxe, constituída por máis de medio cento de fotos, sobre o espazo e as xentes que habitan hoxe este territorio.