Por que teñen tan mala fama as graxas? En que alimentos encontramos proteínas? Por que din que hai que beber moita auga? Queres aprender a preparar algunhas receitas sas e divertidas? Como podemos facer máis exercicio no noso día a día? Para medrar, ter forza e non caer enfermos, precisamos comer varias veces ao día e de forma variada, ademais de facer exercicio e de levar unha vida activa. Mirácheste algunha vez no espello e vícheste mil defectos? Meteuse alguén contigo polo teu peso? Coidarse a través da comida e do exercicio é só unha pequena parte da vida sa: quererse e respectarse a un mesmo é o máis importante, e deberiamos seguir este camiño desde o primeiro momento da nosa vida. En Vida Sa! atoparedes un libro de nutrición básica e de receitas saudables, pero tamén un manual de amor propio para nenos e nenas, para que aprendan a vivir san desde hoxe e para sempre.