A Cidade dos Césares

ISBN: 9788491519140
Col·lecció: LITERARIA
Autor: F. Freixanes, Víctor
Editorial: GALAXIA
Publicat: 2.022
Classe: LIBROS

Idioma: GLG
Enquadernació: RUSTICA
Pàgines: 426
Termini d'entrega: 5 Dies
https://indexbooks.es/web/image/product.template/381448/image_1920?unique=6ff04b9
(0 revisar)

22,75 € 22.75 EUR 23,95 €

23,95 €

Not Available For Sale

    Aquesta combinació no existeix.

     

    Velaquí un dos grandes textos da literatura galega contemporánea. Entre 1776 e 1783 arredor de cincocentas familias de Galicia, Asturias e a Maragatería embarcaron na cidade da Coruña para ir poboar terras ao sur da provincia de Buenos Aires, o que os historiadores coñecen como a Expedición das Familias. Alí crearon varios asentamentos, dos que unicamente sobrevive Nosa Señora do Carme de Patagones, na boca do río Negro. O conde de Floridablanca e os ministros de Carlos III deseñaron a ocupación para evitar que o inglés se establecese naquelas latitudes. Cen anos despois, en 1885, o piloto de Noia, Basilio Vilariño, evoca aquelas xornadas dialogando co gaiteiro, Chinto de Muras, mentres o exército arxentino entra na antiga aldea de colonos, despois de vencer na montaña a derradeira resistencia das tribos indíxenas. Diálogo entre defuntos, apenas sombras no medio do lamazal. A Cidade dos Césares gañou o Premio de Novela Torrente Ballester en 1992. Case trinta anos despois, o autor ofrécenola nesta edición corrixida e revisada.