Coma noutras aventuras desta serie, Jordi Sierra i Fabra, entrecruza as vivencias cotiás de Berta cos traballos de investigación e a problemática da nosa sociedade. Acción desde a primeira á última páxina. Buscar unha adolescente captada por una seita e entregar o pago dunha chantaxe son os dous novos casos que Berta Mir ten que afrontar no mesmo día, e que non semellan moi complicados. Pero as cousas nunca son o que parecen, e, así, descobre que a moza fuxida garda un tráxico e escuro segredo, e o pago do rescate tamén se complica cun asasinato, no que a nosa detective se ve envolta e onde pode perigar a súa vida, aínda que se ve axudada por un misterioso personaxe. Por riba, aparece un guapo cantante que fai cambalear os sentimento de Berta e a relación co seu grupo musical.