REXURDIMIENTO: A PALABRA E A IDEA

ISBN: 9788491215660
Col·lecció: UNIVERSITARIA
Autor: Angueira, Anxo
Editorial: XERAIS
Publicat: 2.019
Classe: LIBROS

Idioma: GLG
Enquadernació: LIBRO EN OTRO FORMATO
Pàgines: 304
Termini d'entrega: 4 Dies
https://indexbooks.es/web/image/product.template/924758/image_1920?unique=44933b2
(0 revisar)

25,60 € 25.6 EUR 26,95 €

26,95 €

Not Available For Sale

    Aquesta combinació no existeix.

     

    «Rexurdimento: a palabra e a idea» repensa e cuestiona o modelo historiográfico vixente que se lle vén aplicando tanto á literatura do XIX como en xeral á historia cultural e política galega contemporánea. Para iso estúdase a xénese do modelo historiográfico que está detrás do concepto (a «Renaissance» de Jules Michelet), así como a evolución e cronoloxía da palabra «rexurdimento» e o seu triunfo relativamente recente, xunto coa expresión «Séculos escuros», sobre outras alternativas. Para isto, pártese do modelo crítico «Le mot et l´idée» de Lucien Febvre, xa aplicado en Italia e Cataluña ós conceptos de «Risorgimento» e «Renaixença», movementos cos que o «Rexurdimento» se compara. Do máis revelador é o estudo do período 1916-1936, do que o profesor Anxo Angueira ofrece novas conclusións á luz da singular peripecia tanto da palabra «rexurdimento» como da idea e do modelo que leva aparellados, a partir especialmente da análise das obras de Antonio Villar Ponte, Vicente Risco e os daquela mociños Carballo Calero e Fernández del Riego. Tamén o é o estudo que se fai do tópico que vincula o Rexurdimento co romanticismo e o papel de Sarmiento, clave na emerxencia política, cultural e literaria da Galicia contemporánea.