22 SEGUNDOS

ISBN: 9788491212393
Col·lecció: FORA DE XOGO
Autor: Mejuto, Eva
Editorial: XERAIS
Publicat: 2.017
Classe: LIBROS

Idioma: GLG
Enquadernació: RUSTICA
Pàgines: 136
Termini d'entrega: 5 Dies
https://indexbooks.es/web/image/product.template/280794/image_1920?unique=6ff04b9
(0 revisar)

12,83 € 12.83 EUR 13,50 €

13,50 €

Not Available For Sale

    Aquesta combinació no existeix.

     

    O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase. " Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá -ou non quererá comprender- nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas... E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son. " Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede. " 22 segundos " relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe -sen poñerlle etiquetas- que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis -e a sociedade- deixen de consideralas enfermas.