«Vai un día estupendo para se deitar ao sol, chapuzar e nadar na piscina de augas cristalinas, ata que o meu irmán berra: PAPÁ! QUERO FACER CACA! Arreando! Pero... daremos chegado a tempo ao baño ». Unha historia ben simpática sobre a gana de facer caca que nos aprende que ninguén está a salvo de imprevistos. Cando entra a gana, entra, e non hai que lle facer!