O rumor do distante

ISBN: 9788484877066
Col·lecció: POESIA
Autor: Césáreo Sánchez Iglesias
Editorial: LAIOVENTO (IBD)

Classe: LIBROS

Idioma: GLG
Enquadernació: NULL
Pàgines: 218
Termini d'entrega: 4 Dies
https://indexbooks.es/web/image/product.template/1056692/image_1920?unique=c4185f3
(0 revisar)

18,92 € 18.92 EUR 19,92 €

19,92 €

Not Available For Sale

    Aquesta combinació no existeix.

     

    O RUMOR DO DISTANTE.A ESCRITA DA TERRA.As humildes trazas dos camiños, comunicando a montaña e o mar, ao longo da historia da Galiza, vertebraron a cultura de noso, e a xeografía de parte da Europa. Trouxo a camiñantes coa súa cultura e a súa visión do mundo e levou de retorno á súa terra, a ollada marabillada polas imaxes do sagrado, dunha terra e dun pobo cunha cultura milenaria. Este longo poema que percorre os sete camiños (6+1) foi escrito paralelamente aos traballos do autor na protección do patrimonio cultural galego. Coa delimitación das súas trazas, o poeta inicia a súa escrita, constatando que somos un dos pobos que máis humanizou a natureza, nun titánico traballo de séculos, sedimentando o ser que nos constitúe, dando nomes a lugares que significan é son o noso ADN, e que neste poemario, que obtivo o XX Premio Esquío de Poesía en Lingua Galega, foron habitados da poesía. Ao ollar cara atrás vemos os camiños submersos na banalización do seu significado cultural.Hoxe, ollamos como a nosa terra segue a se desangrar nunha silente extenuación que destrúe o noso patrimonio cultural. Se permitimos a deshumanización da nosa terra desaparecerá aquilo que anainou a nosa identidade.Este proceso invisible de aculturación, alén do espolio económico, fainos parte dun proceso de destrución do patrimonio natural, con minas que arrincan a dourada entraña, envelenando as augas até nos converter nunha estéril terra morta.