Unha historia da arte galega

ISBN: 9788484876175
Col·lecció: FORADESERIE
Autor: L. Bernárdez, Carlos
Editorial: LAIOVENTO, S.L.
Publicat: 2.023
Classe: LIBROS

Idioma: GLG
Enquadernació: RUSTICA
Pàgines: 308
Termini d'entrega: 4 Dies
https://indexbooks.es/web/image/product.template/921592/image_1920?unique=9ff1a09
(0 revisar)

42,70 € 42.7 EUR 44,95 €

44,95 €

Not Available For Sale

    Aquesta combinació no existeix.

     

    Desde as mámoas e os petróglifos até as tendencias estéticas das últimas décadas, o obxecto deste libro é realizar un achegamento á imaxe artística galega, un anaco da tradición cultural europea producida nun país que posúe unha singularidade histórica marcada. Na arte galega foron proxectándose ao longo da historia as grandes correntes artísticas da Europa Occidental, con variábeis ritmos de incorporación e en sintonía con diferentes procesos históricos, e neles maniféstanse as peculiaridades, as diferenzas locais, as descontinuidades e os achados laterais a respecto dos períodos unificados da historia da arte. Alén diso, desde o século XIX, asistiremos ao intento de definir unha arte nacional, con diferentes denominacións segundo o momento histórico (rexionalismo, nacionalismo), nun contexto onde artistas e pensadores propiciarán coas súas reflexións unha lectura do pasado e presente artístico galego. Pártese de que, como toda actividade humana, a arte non pode nin debe ser inmutábel, estática, pois nela conviven aspectos tradicionais con influencias externas, vivificadoras. Neste sentido, pensar a tradición artística desde nós é pensar na lectura intencional do pasado máis tamén na lectura presente desde a posición actual da nosa nación e tamén desde a pura visualidade, o que implica distintas posíbeis lecturas das imaxes mais non incompatíbeis. Entendemos a arte galega, pois, como espello dunha realidade histórica complexa, que dialoga connosco e maniféstase como unha interpelación que, desde moi lonxe, se dirixe ao espectador de calquera tempo, e que este pode albiscar nese instante sorprendido que implica a percepción dunha boa obra de arte como quen enxerga algo de nós mesmos.