Cabanillas/ Otero Pedrayo

ISBN: 9788484875598
Col·lecció: ENSAIO
Autor: Manuel Castelao Mexuto
Editorial: LAIOVENTO (IBD)

Classe: LIBROS

Idioma: GLG
Enquadernació: NULL
Pàgines: 358
Termini d'entrega: 5 Dies
https://indexbooks.es/web/image/product.template/360738/image_1920?unique=6ff04b9
(0 revisar)

23,70 € 23.7 EUR 24,95 €

24,95 €

Not Available For Sale

    Aquesta combinació no existeix.

     

    Cabanillas/ Otero PedrayoSubtítulo: Na noite estrelecida / Arredor de si Todo o fulgor da época "Nós" fixo posíbel e resoa nas súas múltiplas facetas en Na noite estrelecida, as "sagas" artúricas de Ramón Cabanillas. Tras percorrermos o seu proceso de devoración textual do pasado para o proxectar con valor reflexivo sobre o presente, adquire aínda máis pleno sentido Arredor de si. Nel, Ramón Otero Pedrayo creou unha estratexia narrativa da máxima ousadía, en ton co seu proxecto político cultural, e deu á luz unha obra prima, onde o ideolóxico e o literario conseguen fundirse con rara perfección, ao facer do seu narrador a voz onde a nosa Historia se dá sentido e inaugura o retorno da Galiza á consciencia de si, porta para o desenvolvemento da súa liberdade.Conclúe así Laiovento a publicación da viaxe de Manuel Castelao Mexuto pola literatura galega de Novecentos, que comezou co volume dedicado a Os eidos, de Novoneyra, e Longa noite de pedra, de Celso Emilio, e continuou cos que tiveron por obxecto De catro a catro, de Manoel Antonio, e O incerto señor don Hamlet, de Cunqueiro. Todos eles compón a serie que designamos cun nome inequívoco: "Un modo de ler", pois do que se trata, xustamente, é de reivindicar a literatura como experiencia onde se unen o gozo e a reflexión en feliz e incesante vaivén.