O mar e memoria. Expediente Armesto

ISBN: 9788484875079
Col·lecció: ENSAIO
Autor: Francisco Xavier Redondo Abal
Editorial: LAIOVENTO (IBD)

Classe: LIBROS

Idioma: GLG
Enquadernació: NULL
Pàgines: 154
Termini d'entrega: 5 Dies
https://indexbooks.es/web/image/product.template/338014/image_1920?unique=6ff04b9
(0 revisar)

14,21 € 14.21 EUR 14,96 €

14,96 €

Not Available For Sale

    Aquesta combinació no existeix.

     

    A historia local co seu coñecemento polo miúdo do territorio, das relacións sociais e das personaxes protagonistas ten, entre outras, a virtude de enriquecer as visións máis xerais, humanizándoas e, decote, situándoas nunha engaiolante clave heterodoxa.De todas estas características participa O mar e a memoria. O Expediente Armesto, en que se fai referencia á documentación enviada entre 1937 e 1938 ao gobernador civil da Coruña polo tenente da Garda Civil José Armesto Anta, destinado \"ex profeso\" á vila mariñeira de Malpica para investigar o clima refractario alí existente verbo do novo réxime xurdido pola forza das armas, tras o golpe militar do 17 de xullo de 1936.Os devanditos informes serviron de fío condutor para que, utilizando abundantes fontes arquivísticas, hemerográficas e bibliográficas, o autor constrúa unha historia de desafección e sometemento nunha localidade que vivira afervoadamente a experiencia republicana, tempo en que por primeira vez os poderes públicos tiveron en conta nas súas decisións a maioría social da vila representada polos mariñeiros.En realidade, o acontecido en Malpica, repítese en boa medida na maioría de vilas do litoral galego, en que as simpatías polo réxime democrático xurdido o 14 de abril de 1931 eran amplamente maioritarias e nas que as liñas de forza que determinaron o devalar político-social das súas respectivas comunidades piscatorias até o remate da Guerra Civil, son dabondo compartidas.