Tres poetas en estado de alarma

ISBN: 9788484874799
Col·lecció: POESIA
Autor: Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Carlos Negr
Editorial: LAIOVENTO (IBD)

Classe: LIBROS

Idioma: SPA
Enquadernació: NULL
Pàgines: 104
Termini d'entrega: 5 Dies
https://indexbooks.es/web/image/product.template/328605/image_1920?unique=1005b3c
(0 revisar)

14,19 € 14.19 EUR 14,94 €

14,94 €

Not Available For Sale

    Aquesta combinació no existeix.

     

    TRES POETAS EN ESTADO DE ALARMAAutores: Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Carlos Negro e Vítor VaqueiroE no medio desta cacofonía, desta enxurrada de información (onde se atopa a verdade?), desta confusión e deste caos, xorden tres mosqueteiros que mudan a espada pola pluma dos seus sombreiros de aba ancha e transforman a arte da esgrima para mudala de ritual clasista en esgrima gramatical, defendendo así á estirpe que os criou, que fixo deles seres adultos e autónomos. Como eremitas retornados ás súas covas do deserto (neste caso ficticias) foron producindo reflexións aceiradas, salmos, metáforas e alegorías, pequenos poemas cal espiñas dunha coroa de sufrimentos e eivas descubertas, mais tamén de iluminación e aprendizaxe (que na fin son etapas da madureza persoal). Eses tres mosqueteiros, eremitas ou simplemente cidadáns libres son neste caso Vítor Vaqueiro, Xosé María ÁlvarezCáccamo e Carlos Negro, un trío de ases nos que un pode confiar (palabra de D\\\\\\´Artagnan) Contamínense de Xosé María, de Carlos e de Vítor, celebren a escrita sen fronteiras. Contemplen o por-do-sol, respiren conscientemente e sigan as súas intuicións mentres reflexionan no que aqui leron e no que se atopen nos corredores do seu labirinto propio, Minotauros, bestas ilustradas debullando a xelatina dos días. Xavier Queipo, Bruxelas, Xuño 2020