O LABIRINTO DA SAUDADE

ISBN: 9788484874126
Col·lecció: ENSAIO
Autor: Lu¡s Garc¡a Soto
Editorial: LAIOVENTO (IBD)

Classe: LIBROS

Idioma: GLG
Enquadernació: OTRO FORMATO LIBRO
Pàgines: 144
Termini d'entrega: 5 Dies
https://indexbooks.es/web/image/product.template/296788/image_1920?unique=6ff04b9
(0 revisar)

11,40 € 11.4 EUR 12,00 €

12,00 €

Not Available For Sale

    Aquesta combinació no existeix.

     

    O labirinto da saudade traza un movimento feliz entre a vivencia, a experiencia directa e a súa elaboración intelectual, á luz da longa tradición de estudos sobre a saudade. Neste ensaio, á par fondo e leve, son conxugados e procurados con harmonía e en equilibrio a creación e o saber, até achegar unha perspectiva diferente e orixinal, que recolle os contributos doutros pensadores, beneficiándose da súa riqueza. A partir da experiencia psicolóxica persoal da morriña e a saudade, ligada a lugares (unha ría, unhas praias), tempos (o verán, as vacacións) e épocas (a infancia, a adolescencia e xuventude), o autor fai un percurso, reflexionando, lembrando, interpretando, por algúns dos moitos vieiros que as culturas galega e portuguesa foron abrindo ao redor da saudade: a filosofía (Ramón Piñeiro, Teixeira de Pascoaes e António Sérgio, Carolina Michaëlis, Andrés Torres Queiruga, Paulo Borges), a pintura (Henrique Pousão, António Carneiro... Silva Porto), a escultura (Soares dos Reis), a poesía (Pondal... Carvalho Calero, Avilés de Taramancos). Deambulando entre Galiza (O Pedrido, Ponteceso, A Coruña, Corme... Miño) e Portugal (Caminha, Luso, Amarante, Lisboa, O Alentexo... Porto), paso a paso, de autor en autor e de obra en obra, vai perfilándose, elaborándose e propóndose unha nova concepción filosófica da saudade que fai énfase nas dimensións comunicativa e colectiva, así como no aspecto activo