"Entre santos e navallas", porque Manuel María gustaba coleccionarnavallas que arestora adóitase dicir de "multiuso", incorporados a elasabridor de latas de conservas e mesmo tesouriñas para cortaren asunllas. Nas ferretarías de Parga, á carreiriña dun can de Outeiro deRei, ten mercado o rapaz máis dunha, e anos despois, en Lugo, candopodía, ía procurar algunha á Cuchillería Aquilino, na rúa de San Pedro,que xa eran máis finas, con mangos ou cachas de nácara. Taménadquiríu as de Taramundi. O dos santos -nos que era moi versadoen vidas e milagres-, cecais lle chegara da man do tío crego, párrocoda igrexa de San Froilán, enfronte do cuartel de San Fernando, polosanos 50 do pasado século, logo do "pacto" cos ianquis, cando Eisenhowerpaseara canda Franco pola Castellana. Do patrón lugués, coñecíaos seus andares cal se andivese canda el ou mesmo tiver algúnxeito de comunicación divina.