Pinto &Chinto convídannos a acompañar ao cabaleiro inglés Phileas Fogg e a Paspartú, o seu criado, nunha viaxe contra o reloxo. Teremos que sobrevivir a travesías marítimas ateigadas de tornados, a montañas que devoran trens e, mesmo, a rituais fanáticos no medio da selva. Iso si, podemos asegurarvos que os nosos amigos superarán todos estes perigos con boas doses de imaxinación e improvisación;as mesmas doses de diversión e gargalladas que vos proporcionará este libro. Agarrádevos ben ás súas páxinas e preparádevos para unha viaxe ao redor do mundo.