Esta antoloxía agrupa máis de trinta poemas representativos de Walt Whitman, tanto no tocante á temática coma ó tratamento, e que poden resultar de interese para a mocidade. O poeta interpelaravos e verédesvos na obriga de darlle unha resposta, pero o esforzo pagará a pena.