Unha penetrante voz poética que reflexiona sobre a infancia, a perda, o paso do tempo... todo arredor da lembranza e a imaxe da vella casa familiar, hoxe perdida, esa ?casa queimada? que actúa de suxeito activo e interpela durante toda a obra. De casa queimada é o título do novo libro de Iria Collazo López. Recibiu en 2019 o segundo premio do IIº Certame de Poesía Torre de Caldaloba que convocan anualmente o Concello de Cospeito (Lugo) e a Asociación Cultural de Pino, en colaboración con Culturalia GZ.