Papagaio

ISBN: 9788413433134
Col·lecció: (G).ARTE
Autor: Villalta, Luísa
Editorial: KALANDRAKA
Publicat: 2.024
Classe: LIBROS

Idioma: GLG
Enquadernació: RUSTICA
Pàgines: 112
Termini d'entrega: 4 Dies
https://indexbooks.es/web/image/product.template/945701/image_1920?unique=6ff04b9
(0 revisar)

20,90 € 20.900000000000002 EUR 22,00 €

22,00 €

Not Available For Sale

    Aquesta combinació no existeix.

     

    Unha nova edición dunha das obras máis comprometidas e feministas da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024. No ano 2001, o barrio coruñés do Papagaio, espazo tradicionalmente dedicado á prostitución, foi derrubado vítima da especulación inmobiliaria. Durante o proceso de demolición, a fotógrafa Maribel Longueira captou coa súa cámara as máquinas, as paredes dos edificios e os cascallos, así como algúns obxectos, testemuñas do que aquelas vivendas acolleran durante anos. Convidada por Maribel, a escritora Luísa Villalta puxo voz a estas imaxes con 19 poemas. Neles móstrase reivindicativa, directa, rotunda e ao mesmo tempo solidaria ao proxectar unha ollada que deixa en evidencia a violencia patriarcal e o estigma sufrido polas mulleres que exercen a prostitución. A hipocrisía, o oprobio, o abuso, a deshumanización ou o anticlericalismo son outros temas presentes nesta obra escrita pouco tempo antes do inesperado falecemento da autora, que se converteu nunha sorte de testamento literario que revela a singularidade dun pulso poético único;dunha ollada crítica e reivindicativa moldeada pola autoesixencia que sempre se impuxo como creadora.