XXXVII PREMIO DE POESÍA CIDADE DE OURENSE Dámosche a benvida ao final do mundo que coñeces. Non á fin senón ao fin, porque a nova fase que virá terá o seu particular propósito, as súas propias arelas e soños. Antonio Seijas debuta como poeta con este libro no que amosa unha gran capacidade para crear imaxes e ambientes que superan a mirada cotiá sobre o que nos arrodea para nos propor un diálogo coa totalidade, co latexo da materia que se envolve nunha aperta lírica coas nosas emocións.