Os poemas de Konstandinos Kavafis están considerados entre os máis fermosos nunca escritos. A capacidade de evocar tempos pasados xunto coa precisa ollada sobre os grandes temas da Humanidade continúa atraendo admiradores, especialmente entre o lectorado máis novo. Por primeira en vez en galego publícase a súa Poesía completa anotada con detalles e explicacións sobre centos de eventos históricos, personaxes e localizacións. Unha obra magna traducida por Miguel A. Areses Martín, quen tamén escribe o perfil literario e biográfico deste escritor universal e imprescindible.