Lala Rus descóbrenos unhas fadas que cantan as súas propias cancións, mais tamén exercen de bibliotecarias, pescantinas, adestradoras, labregas, actrices, voluntarias en oenegués, fotógrafas... Ademais, por teren a condición de fantásticas, poden ir aos salóns de peitado de sereas, ser amigas do Eco, xogar coas nubes, competir en carreiras de canguros e voar no cantar do cuco.