Poesía reunida de X. L. Méndez Ferrín

ISBN: 9788411105798
Col·lecció: CLASICOS
Autor: Méndez Ferrín, X. L.
Editorial: XERAIS
Publicat: 2.024
Classe: LIBROS

Idioma: GLG
Enquadernació: RUSTICA
Pàgines: 552
Termini d'entrega: 4 Dies
https://indexbooks.es/web/image/product.template/949944/image_1920?unique=c358ebb
(0 revisar)

25,60 € 25.6 EUR 26,95 €

26,95 €

Not Available For Sale

    Aquesta combinació no existeix.

     

    A figura e mais a obra de X. L. Méndez Ferrín son determinantes na historia da Galicia contemporánea. No caso da súa poesía achamos un río de longa e ás veces accidentada singradura, especialmente por causas políticas durante o período franquista, que aquí se detallan. Comeza con «Voce na néboa» (1957), que nos descobre de xeito embrionario os principais camiños do poeta, e prosegue con «Antoloxía popular» (1972), poesía cívica asinada por Heriberto Bens, poeta heterónimo do noso autor desde «Poesía enteira de Heriberto Bens» (1980). A publicación en 1976 de «Con pólvora e magnolias» é un antes e un despois na historia da literatura galega contemporánea pola apertura de horizontes que incorpora e ao seu ciclo poético cómpre engadir en «O fin dun canto» (1982). En 1994 «Estirpe» suporá un importante xiro estilístico e temático, mentres que «Contra Maquieiro» (2005) será un máis alá que pecha o conxunto. Polo medio aínda outras obras moi relacionadas coa expresión plástica «Homes e illas» (1986), «Morte de Amadís» (1989), «Erótica» (1991), «O outro» (2002) e «Albh» (2007). Neste volume inclúese tamén a súa poesía dispersa, que en parte fora xuntada polo autor en «Era na selva de Esm» (2004). Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, fixo a súa tese sobre «Bretaña, Esmeraldina» de Méndez Ferrín e a edición crítica da poesía de Rosalía de Castro. Esta edición da poesía do autor ourensán ofrece un longo estudo introdutorio, así como un detallado repertorio de notas de cada poema.