Ultimamente en Internet non se fala doutra cousa. Toda a xente está pegada aos ordenadores, ás tabletas, aos móbiles... Toda a xente Non. Aos Megatoxos semella que non lles afecta ese RETO que inunda as redes. Con todo, a quen non lle gustaría poder facer realidade os seus soños Ter un aspecto diferente cada día, poder voar, facer novos amigos por todo o mundo, vivir onde se queira, experimentar emocionantes aventuras e gañar sempre...Que farías ti por conseguir algo así Pensa ben a resposta, porque non todo é o que parece e, ás veces, o perigo que poida axexar en Internet vólvese moi real. Ata onde estás disposta ou disposto a chegar