Gañadora ´ex aequo´ do VIII Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira 2018 Deva, a moza da época galaicorromana, e Paulo, do século XXI, son os protagonistas da loita desesperada contra unha profecía que ameaza con acabar coa humanidade. Fálase dun pergamiño de primeiros do século IV, cando as terras galegas formaban parte da provincia romana da Gallaecia. Este pergamiño facía referencia a uns feitos que daquela supostamente cambiaron o curso da historia do mundo... ´Auga e lume´, unha aventura trepidante a través dos tempos.