AS VOCES DA AUGA )

ISBN: 9788499953007
Colección MEIGA MOIRA
Autor: Gracián, Ánxela
Editorial: BAIA
Publicado: 2.018
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: TAPA BLANDA O BOLSILLO
Páginas: 180
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/301758/image_1920?unique=70f5850
(0 reseña)

13,30 € 13.3 EUR 14,00 €

14,00 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    Gañadora ´ex aequo´ do VIII Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil (2018). ´As voces da auga´ destaca pola calidade de lingua empregada, a orixinalidade da proposta e o intenso labor de recreación dunha sociedade xeográfica e culturalmente tan distante como a chinesa. As voces da auga relata unha historia de supervivencia e de aposta pola vida nun contexto histórico especialmente complexo, máis alá dos convencionalismos. *** Neses instantes, no interior do río, Li sentíase tan transparente coma o cristal. Entón, como polas noites antes de adormecer, podía escoitar de novo con nitidez as voces da auga, como unha chamada que non a enxordecía coa súa cantilena monótona de ave de paso, senón que lle infundía esa forza descoñecida das ondas que galopaban, propiciando que ela tamén formase parte dese mundo líquido e poderoso que, alí no fondo do val, se arrastraba lento coma unha búfala preñada, porque era alí, precisamente naqueles remansos, onde a voz do río berraba arrastrando consigo tamén a fondura dos cavorcos da terra.