Historia da literarura galega vol. 2 De 1853 a 1916

ISBN: 9788499147642
Colección SIN COLECCION
Autor: Pena Sánchez, Xosé Ramón
Editorial: XERAIS
Publicado: 2.014
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: RUSTICA
Páginas: 440
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/244165/image_1920?unique=3114f8a
(0 reseña)

28,98 € 28.98 EUR 30,50 €

30,50 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    Esta segunda entrega da Historia da Literatura Galega continúa o relato emprendido co primeiro volume, Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais, 2013), e configura unha narración congruente e sólida que nos conduce agora pola etapa do Rexurdimento, desde os albores da renacenza literaria do idioma galego, a mediados do século XIX, deica a fundación das Irmandades da Fala en maio de 1916. Novamente da man de Xosé Ramón Pena, autor de referencia no espazo da historia da literatura, asistimos a unha fértil conversa coas diferentes ópticas investigativas sobre o período e mais os autores que o habitan. Interpretar os textos literarios como parte dun organismo vivo, unha totalidade integrada cuxas propiedades xorden das interaccións e relacións entre as partes;considerar así mesmo a literatura como un produto ideolóxico que alcanza a súa plena dimensión na concomitancia social;participar da idea dun macrotexto como converxencia vertical dunha creación respecto doutras e, asemade, tamén como proxección horizontal onde a textualidade do autor amosa a súa individualidade: tal é o eixo, o motor que alimenta o esforzo destas páxinas. Unha historia da literatura galega que vén ser elemento esencial e indiscutíbel da propia historia do país e do seu idioma, á cal fornece -e resulta fornecida- de consistencia e sentido. Desde a publicación d´A gaita gallega á convocatoria irmandiña de Antón Villar Ponte: velaí un percorrido que fascina.