As mellores tendas de Madrid

ISBN: 9788491218005
Colección NARRATIVA
Autor: Veiga Taboada, Manuel
Editorial: XERAIS
Publicado: 2.021
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: RUSTICA
Páginas: 384
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/339578/image_1920?unique=0342df9
(0 reseña)

19,48 € 19.48 EUR 20,50 €

20,50 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    «As mellores tendas de Madrid» describe os primeiros anos da crise que se iniciou en 2008, cando a escala de valores da clase media semella a piques de estourar. A principal protagonista, Mónica, é unha empregada de banca tímida pero decidida. Xunto con ela, teñen un papel destacado o seu home, o avogado Alfredo María Pardo de Ferreira, a quen todos chaman Fredy;a secretaria deste, Vanessa (con dous eses);e o director xeral dunha caixa de aforros que pode ser liquidada en calquera momento, un home maior que admira a Clint Eastwood. Todas son persoas conservadoras, pero nalgunha delas, talvez en Mónica, habita unha certa rebeldía. Manuel Veiga Taboada relátanos nesta novela a crónica dun controvertido momento histórico da Galicia recente, entrecruzada en cada parágrafo polo humor e a ironía.