FÁLAME DO SILENCIO

ISBN: 9788491213918
Colección NARRATIVA
Autor: Orosa, Pablo
Editorial: XERAIS
Publicado: 2.018
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: LIBRO EN OTRO FORMATO
Páginas: 320
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/296208/image_1920?unique=65f32a7
(0 reseña)

18,53 € 18.53 EUR 19,50 €

19,50 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    Cinco anos despois da morte de Daniel Gluckmann, o xornalista Samuel Eirís recibe un encargo póstumo: completar a súa historia. Unha petición que o arrastrará de volta á Galicia actual e á Coruña do ano 1977. Un regreso a un país que deixaba atrás a ditadura, mais tamén ao momento exacto en que mudan as conciencias. A volta do mozo que descobre o que pesa o esquecemento na alma. No Durban, unha taberna de mariñeiros rexentada por un vasco con pendentes na orella e ollada salitrosa, ninguén resultará ileso. «Atochas. 1936.» Dúas palabras que levarán os protagonistas a facerse a mesma pregunta: Quen somos en realidade? Unha viaxe interior, unha historia na procura de respostas de quen aprende a ler nas olladas, neses ollos azuis que lle devolven unha e outra vez a mesma pregunta: Quen é en realidade Daniel Gluckmann? Novela de intriga e de memoria, " Fálame do silencio " é unha reconstrución literaria brillante e intensa daquela Coruña popular de hai medio século, marcada aínda pola escaseza, as necesidades, a guerra e as vidas truncadas.