Fronte da Arte

ISBN: 9788484874652
Colección ENSAIO
Autor: López Benárdez, Carlos
Editorial: LAIOVENTO (IBD)
Publicado: 2.020
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: OTRO FORMATO LIBRO
Páginas: 146
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/324836/image_1920?unique=f79a53f
(0 reseña)

16,09 € 16.09 EUR 16,94 €

16,94 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    Fronte da arte. A arte galega no contexto europeo dos anos trinta recolle un conxunto de traballos dedicados ao desenvolvemento da pintura do século pasado, con especial atención á produción do movemento renovador da arte galega que traballa nos anos vinte, no período republicano, na Guerra Civil e no exilio. Estúdase como a súa arte era conscientemente presentada desde posturas que reafirmaban o carácter conflitivo, denunciador da opresión ou reafirmador das imaxes, desde criterios sociopolíticos alternativos ao discurso dominante que deitaba o poder. Tiñan pois, un forte contido social e identitario, aparecendo os labregos como clase subalterna mais tamén o proletariado e o mundo fabril. As obras dos nosos pintores prodúcense, xa que logo, desde un coñecemento do representado, elaborando un discurso que non é alleo ao que se produce noutros lugares de Europa ?coas súas singularidades- e en América, no contexto dos chamados ?realismo de entreguerras?. A procura de raíces no pasado propio como fonte de modernidade é unha das receitas;no caso galego é a inspiración na arte popular e medieval, en especial a escultura esgrevia e granítica do noso románico e barroco. A recepción posterior tópica da nosa arte só se pode entender por unha visión previa que le a produción galega desde un a priori que a reduce a imaxe costumista. Cómpre, pois, pensar a tradición artística desde nós. Pensar na lectura intencional do pasado máis tamén na lectura presente desde a pura visualidade e desde a posición actual da nosa nación, o que implica distintas posíbeis lecturas das imaxes, desemellantes mais non incompatíbeis.