Ao pequeno Moncho gústalle pintalo todo: a cama, o mantel,  a neveira e mesmo o seu propio avó... Logo dunha intensa  xornada creativa, empéñase en averiguar o significado  dunha mancha de pintura negra que descobre nun papel  en branco. Ese borrancho parece transformarse a ollos de quen  deixe voar a súa imaxinación pero, na súa teimosa busca,  Moncho non atopa ninguén capaz de darlle unha resposta