O camiño de Nós

ISBN: 9788412132465
Colección SIN COLECCION
Autor: Pardo Bedia, Xavier
Editorial: AIRA EDITORIAL
Publicado: 2.020
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: TAPA DURA
Páginas: 152
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/329034/image_1920?unique=0342df9
(0 reseña)

14,25 € 14.25 EUR 15,00 €

15,00 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    O 8 de xullo do 1926 un grupo de peregrinos saen de Ourense camiño de Compostela. Equipados con trípodes, cámaras fotográficas e un barómetro altimétrico, saen explorar unha ruta sagrada, van facendo camiño entrementres andan. Desa viaxe, Xavier Pardo Bedia publicou unhas luminosas crónicas, publicadas no seu tempo nas páxinas d?A Nosa Terra, e que agora se converten en libro. Amais do autor fixeron aquela peregrinaxe Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Afonso Vázquez Monxardín, Lois Feixoo, Florentino López Cuevillas e Antón Sánchez. Sete galeguistas que descubriron coas botas nos pés, o seu propio país. Un traxecto espiritual, simbólico e fundamental para a identidade galega. Mais tamén un camiño material que percorreu as parroquias e lugares dos concellos de Ourense, Amoeiro, Maside, O Carballiño, O Irixo, Lalín, Silleda, A Estrada, Vedra, Teo e Santiago de Compostela, deixándonos estampas de sublime beleza. O Camiño de Nós brilla hoxe en día e por iso esta edición das crónicas de Xavier Pardo Bedia se completa cos traballos gráficos do fotógrafo Xulio Gil e da ilustradora Isabell Seidel.