Zeltia, posuidora de capacidades precognitivas especiais, é vendida pola súa nai Xacinta (que por mor de ter o pelo roxo e pencas fuxe da inquisición de Castela,) e mais o seu pai a unha meiga da montaña de Lugo. Con ela Zeltia pasa por unha fase de aprendizaxe até que esa meiga morre nun incendo, o que obriga a Zeltia a fuxir iniciando unha viaxe a Compostela disfrazada de rapaz. Alí empeza unha nova vida e acaba coñecendo ao rei Filipe IV, co que inicia unha relación de amor pasional. Novela de fácil lectura, con un punto de novela picaresca ao inicio que vai avanzando cara unha novela de corte histórico, na que autora nos presenta diversas situacións de abuso de poder, inxustizas, feminismos e loita de clases.