Pingueiras e tarteiras

ISBN: 9788499140032
Colección BIBLIOTECA DRAMATICA
Autor: González Costa, Teresa
Editorial: XERAIS
Publicado: 2.009
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: TAPA DURA
Páginas: 80
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/213945/image_1920?unique=d17dbfa
(0 reseña)

16,63 € 16.63 EUR 17,50 €

17,50 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    No Castelo Grisallo todo é gris: desde o maimiño da raíña Otilia ata a súa cunca de porcelana inglesa. E tamén chove moito. A Súa Maxestade xa está cansa de colocar tarteiras debaixo das pingueiras. Pero un día chegan pola porta os catro membros do Circo do Paraugas: Chapeu Torto, o director-capitán;Culleriña, a funambulista-tripulante;Pelo Teso, o mimo-tripulante e Zapatóns, o pallaso-tripulante. Na sala do Castelo Grisallo, onde todos os días eran iguais, os membros do Circo do Paragugas coas súas brincadeira e xogos rematarán co soberano aburrimento. Pouco a pouco os membros desta compañía de circo -que outrora fora esplendorosa- daranlle cor a tanta monotonía. E farán que a mesma choiva soe a música: a música das pingueiras nas tarteiras. Pingueiras e tarteiras de Teresa González Costa, a peza gañadora do IIIº Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, foi definida no ditame do xurado como unha " apoloxía da ledicia e da fantasía que ofrece unha visión atípica e desmitificadora de personaxes arquetípicos". Unha obra que recorre a xogos de palabras para contar como a chegada dunha compañía de circo cambia a vida gris dun castelo. Esta primeira edición de Xerais e AGADIC foi ilustrada por Rodrigo Chao.