3.Campo En Movemento

ISBN: 9788498876499
Colección SIN COLECCION
Autor: Diaz-Geada, Alba
Editorial: USC.UNIV.SANTIAGO COMPOSTELA
Publicado: 2.011
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: LIBRO EN OTRO FORMATO
Páginas: 214
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/257342/image_1920?unique=4be33e0
(0 reseña)

11,40 € 11.4 EUR 12,00 €

12,00 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    Este traballo é un primeiro achegamento ó estudo da acción colectiva no rural galego do tardofranquismo e da primeira etapa en democracia. O texto vai barallando unha serie de preguntas que poderían sentar en tres vagóns intercomunicados. Primeiro, os motivos que levan un grupo de xente a mobilizarse nun determinado momento e lugar e non noutros, no contexto político e económico da Galiza dos últimos tempos da ditadura e da transición. Entrando logo no estudo das organizacións, explícase a xénese dos diferentes sindicatos labregos e a socioloxía dos axentes que os promoven: como len a realidade, que reivindican e de que maneira o fan. Reflexionando sobre e a relación entre organizacións e partidos políticos, compróbase se as primeiras funcionan ou non como correas transmisoras de ideoloxía para as bases campesiñas, e formúlase tamén que poden ter de substrato e que de novidade respecto do agrarismo de preguerra. Por fin, mirando desde abaixo, a investigación interrógase polas motivacións dos labregos e labregas, o seu grao de politización e a maneira en que se perciben e son percibidos, atendendo ós cambios que se observan nestas décadas. Este libro é, grazas a montes e moreas de gardiáns de papeis, confiadores de experiencias e compartidores de palabras. Os e as. No tempo histórico, desde os que a animan, participan, rexeitan ou descoñecen, iremos debullando interrogantes sobre a mobilización labrega na Galiza do tardofranquismo e a transición.