Chega una nova selección de 13 ´Cantos´ de procedencia e contidos diversos, feitos música e canción cunha miscelánea de ritmos que invitan a xogar e a cantar, a contar e a danzar, ao paso das voces e os distintos efectos vocais, e tamén das guitarras, que sobresaen sobre outros moi variados recursos da percusión. A máis das referencias aos distintos contos, que van desde clásicos como ´Os tres porquiños´ ata historias de autor como ´Non fai falta a voz´, o traballo literario, plástico e musical complétase cun DVD con vídeos de animación en 2D que sirven de soporte para o karaoke das cancións, que vai facilitar o goce emocional e afectivo das historias.