Escritos ao longo de medio século, os relatos deste libro inícianse con "Os nenos", narracións escritas no ronsel das "cousas" de Castelao nas que o autor de Adral reflicte o seu xeito de contemplar o vivir galego. Recreación de personaxes e escenas dun tempo ido, estes relatos abrollan coa cor vívida e ricaz que traza a man áxil e coidadosa dun acuarelista maxistral.