Correr. Vivir. Sobrevivir. Unha persoa atravesa a pé a illa da Reunión, no Océano Indico. Por que corre? Cumprirá o seu obxectivo? Os ritmos africanos do maloya van marcar a cadencia desenfreada dunha carreira que agocha un segredo terrible e escuro. Santiago Lopo desvela os misterior da antiga Îlle Bourbon, nunha novela que engaiola dende a primeira páxina grazas a unha narración áxil e intensa. A Diagonal dos Tolos é unha fiestra aberta aos vieiros tortos que dan forma á historia da humanidade.