A relación de Alvaro Cunqueiro coa lingua galega, o período de residencia en Mondoñedo (1947-1960) no que escribiu as súas obras narrativas fundamentais e as claves do mundo imaxinario do autor de Merlín e familia. Velaquí algúns dos asuntos nos que este ensaio pescuda para achegar aos lectores unha visión nova da actividade literaria e un xeito diferente de analizar a realidade (lingüística e semiolóxica) da que xorde. En 1947, Alvaro Cunqueiro regresa a Mondoñedo, onde permanece ata o ano 1960. Abrese un período no que vai escribir a práctica totalidade da súa obra en galego posterior á Guerra Civil. Este ensaio pescuda nese novo universo creativo, nas súas causas e na mecánica do seu funcionamento.