Veu visitarme o mar

ISBN: 9788497822510
Colección NARRATIVA
Autor: Aneiros, Rosa
Editorial: XERAIS
Publicado: 2.005
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: TAPA BLANDA O BOLSILLO
Páginas: 328
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/213801/image_1920?unique=6ff04b9
(0 reseña)

23,28 € 23.28 EUR 24,50 €

24,50 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    Unha noite, vítima da súa propia cobardía, Alba sente que as súas últimas forzas morren entre as botellas de alcol que guinda a un contedor. E a noite do 12 de novembro de 2002;e mentres as dúbidas e o seu enzoufado estado de ánimo a consomen por dentro, unha marea negra empeza a camiñar a grandes alancadas pola superficie do mar. Entón, Alba, bióloga nunha piscifactoría da Costa da Morte, ten que se enfrontar á cadea de lembranzas e remorsos que a acompañan, con monstros e silencios, desde a súa chegada a Lira unha década antes. A catástrofe do Mar Exeo arrincáraa da vella sombra da Alhambra, onde ecoa a voz íntima da súa avoa coma unha pantasma do pasado, e agora é a marea negra do Prestige quen ameaza con levala consigo. Veu visitarme o mar é unha novela entrañable, arrebatadora, profundamente humana, onde se debate a cuestión máis trascendental: aquela que fai que a persoa se mida nunha batalla contra si mesma. A confirmación do talento literario de Rosa Aneiros.