Gramática insubordinada

ISBN: 9788497821650
Colección SIN COLECCION
Autor: Obradoiro de Lingua Gianni Rodari
Editorial: XERAIS
Publicado: 2.004
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: TAPA BLANDA O BOLSILLO
Páginas: 264
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/213969/image_1920?unique=b54fd0e
(0 reseña)

24,65 € 24.650000000000002 EUR 25,95 €

25,95 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    "Gramática insubordinada", preparada polo Obradoiro de Lingua Gianni Rodari tenta operativizar a utopía de xogar a aprender ou de aprender xogando, que tanto ten. Pretende fechar a aula ao aborrecemento converténdoa nun obradoiro de investigación activa, diverxente, disparatada e creadora. E afillada da Gramática da fantasía de Gianni Rodari, curmá da Psicanálise dos contos de fadas de Bruno Bettelheim, neta da Morfoloxía do conto de Vladimir Propp e parente de Alicia no país das marabillas de Lewis Carroll. O Obradoiro de Lingua Gianni Rodari fai pedagoxía de pupitre. Le analizando o proceso creativo e aprópiase da estrutura dos textos de autores recoñecidos para recrealos. Escarva nas feridas máis íntimas, cuestiona as premisas máis sagradas da Gramática. Contos, poemas, adiviñas, palíndromos, farfanías, centónsà, naceron na escrita lúdica e participativa das nosas xuntanzas. Pescudamos textos de diferente complexidade para adaptalos ás diversas idades do alumnado. Levamos os modelos á escola, vemos como funcionan e tomamos medidas. En cada proposta encontraredes o texto de partida, a recreación nosa e a das nenas e dos nenos. Velaí un acio de receitas para cociñar a Gramática. Unha escolma de métodos diversos de creación e transformación de textos. De pretextos. Un fío do que turrar para levar a tinta de paseo.