MELODIAS GALEGAS DE JOSÉ BALDOMIR RODRÍGUEZ

ISBN: 9788492923915
Colección AUTORES & TEXTOS
Autor: Viso Soto, Margarita
Editorial: CONSELLO CULTURA GALEGA
Publicado: 2.018
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: TAPA BLANDA O BOLSILLO
Páginas: 231
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/303447/image_1920?unique=6ff04b9
(0 reseña)

17,10 € 17.1 EUR 18,00 €

18,00 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    A través da presente publicación o Consello da Cultura Galega intenta achegarnos a un dos mellores músicos da nosa contemporaneidade. Ata o momento non existía unha biografía tan ampla de José Baldomir e menos un estudo completo da súa obra. Margarita Viso fai unha investigación exhaustiva presentando neste libro en orde cronolóxica os datos xa coñecidos e os extraídos de arquivos e das hemerotecas dixitais, tratando de tecer algunhas consideracións de diversa índole acerca da vida e da obra do compositor. Coméntanse todas as obras de Baldomir localizadas hoxe en día, se ben esta publicación céntrase nas melodías galegas, xénero que el levou ao máximo nivel artístico e que alcanzaron unha difusión universal na súa época, perdurando na memoria colectiva a través do tempo. Esta transcendencia, xunto coa doutras obras como Negra Sombra de Montes, Un adiós a Mariquiña e Cantiga de Chané ou a Alborada de Veiga, entre unha infinidade de títulos máis, fai delas o emblema musical de Galicia. Esta foi a razón principal que conduciu á autora, como ela mesma explica nestas páxinas, a centrar esta edición nas súas melodías galegas exclusivamente.