Diálogos de mortos. Diálogos mariños

ISBN: 9788492866847
Colección VETERA
Autor: de Samosata, Luciano
Editorial: RINOCERONTE EDITORA S.L.
Publicado: 2.017
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: LIBRO EN OTRO FORMATO
Páginas: 152
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/276728/image_1920?unique=6ff04b9
(0 reseña)

14,25 € 14.25 EUR 15,00 €

15,00 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    Os ´Diálogos de mortos´ trasládannos ao Hades, onde comparten espazo personaxes históricos, heroes mitolóxicos e xentes descoñecidas que responden á caracterización de tipos: avarentos, parasitos ou cazafortunas. Alí todos poden constatar a incuestionable realidade de que a morte iguala a todos, pois no mundo do máis alá as diferenzas que marca a fortuna, a posición social, ou as calidades persoais desaparecen e tan só quedan caveiras e ósos pelados, evidencia da inutilidade dos traballos pasados en vida. Pero os máis dos humanos non son conscientes disto e pretenden reproducir os seus esquemas vitais na existencia post mortem. Cando as divindades infernais os instrúen nas leis que funcionan alí, xorde un sentimento de perplexidade e ás veces unha rebeldía que dura pouco, e os mortos, outrora privilexiados, comezan a súa dura adaptación a unha nova realidade igualadora sen ningunha das prebendas anteriores. Nos ´Diálogos mariños´ os interlocutores son divindades vencelladas coas augas, ninfas, ríos, tritóns e por suposto Posidón, cuxas historias tradicionais se manipulan de maneira cómica. Céntranse case todos nas súas aventuras amorosas, destacando os aspectos máis ridículos, pero en ton amable e lixeiro, sen crítica, simplemente como unha rexouba inocente de amigos nun ambiente bucólico que só pretende arrincar un sorriso.