As voces amadas

ISBN: 9788491519720
Colección LITERARIA
Autor: Diéguez, Lois
Editorial: GALAXIA
Publicado: 2.023
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: RUSTICA
Páginas: 462
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/394137/image_1920?unique=6ff04b9
(0 reseña)

19,95 € 19.95 EUR 21,00 €

21,00 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    Poderías imaxinar, espertando unha mañá, mudado nunha cascuda enorme ao xeito do mestre Kafka. Ou, se non, entrando no tempo noso, mañá mesmo, trocado nun xigantesco e escuro móbil apertado a ti na cama estreita, afogándote mesmo, asfixiándote, sen que te puideses librar del, con milleiros de voces asaltándote, anguriándote, nunca facéndote feliz. Imaxina Ou non, non imaxines, emite tan só unha palabra, varias, unha frase: eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes vontade. Fala, sente. Daquela, esta é a túa salvación, a túa liberdade, mellor. Sinte todo o que os humanos podemos sufrir ou gozar por nós mesmos. Ser humanos. Ser galegos e galegas;cidadáns, así, do mundo. Le, pois, as personaxes de As voces amadas para sentirte, coma eles, libre ou escravo, ou diferente, e crear saíndo das regras da propia novela ou sociedade, aquelas aventuras que sempre pensaches, as que nunca fuches quen de conseguir agarrar coas túas mans, co propio cerebro enferruxado. Quizais. Vive, pois, por ti mesma, acaso de xeito distinto, estes personaxes de As voces amadas. Sé ti mesmo, sé ti mesma, na recreación. E, despois, se queres, falamos.