Esta obra recibiu unha subvención da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia Jerry, Jimmy e Cathy son tres irmáns que pasan as súas vacacións nunha viliña do suroeste de Inglatera. Mentres exploran a contorna chegan a un castelo cun xardín encantado, onde espertan unha fermosa princesa que ten un anel máxico;pero as cousas non sempre son como parecen, e a princesa é Mabel, a sobriña da ama de chaves, aínda que o lugar si que está encantado, e terán que usar a maxia do anel para saír de moitos enredos. Maxia, aventuras, misterio e moita imaxinación!