En decembro de 1917, Vicente Risco incorporouse ás Irmandades da Fala e, ao ano seguinte, comezou a súa contribución ideolóxica coas súas colaboracións en A Nosa Terra. En 1920 publica Teoría do nacionalismo galego, un dos textos políticos máis influentes e relevantes da Galicia do século XX, que recolle o legado galeguista que o precede e onde define a nación como un feito natural baseado na terra, a raza, a linuga, a organización social, a mentalidade e o sentimento, incluíndo Galicia entre as civilizacións atlántica e célticas.