Tantos anos de silencio

ISBN: 9788491514374
Colección LITERARIA
Autor: Castro, Francisco
Editorial: GALAXIA
Publicado: 2.020
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: RUSTICA
Páginas: 244
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/321595/image_1920?unique=6ff04b9
(0 reseña)

20,43 € 20.43 EUR 21,50 €

21,50 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    Un relato violentamente fermoso. Fermosamente violento. O autor recrea nesta ambiciosa novela unha época de escuridade, paseos na madrugada, tiros nas cunetas, e corpos que sobreviven en covas devaixo das cociñas, mais tamén de utopías e soños de cambio, revolución e vida mellor. En efecto, todo é un soño feliz no pazo de Flavia ata que o 18 de xullo de 1936 comeza unha guerra que algúns aproveitan para urdir vinganzas que acaban deixando unha pegada misteriosa: umhas fosas comúns que agochan cinco corpos executados dun tiro na cabeza e un sexto esqueleto de muller que abraza contra o peito o libro dun poeta do que ninguén oíu falar. Ánxela, unha investigadora que garda a súa propia historia de violencia e dor, acepta dirixir a excavación das fosas e proponse deitar luz sobre todos os acontecementos dos primeiros días da guerra no pazo, pero axiña desexará tirar tamén do fío da identidade do misterioso poeta e da muller soterrada co libro. A través da investigación de Ánxela, iniciamos unha viaxe apaixonante entre 1936 e os nosos días en que descubriremos que o fascismo superou tempo e fronteiras.